Nerea Lage, campioa galega de marcha en pista sub 16

Nerea Lage no podio do campionato galego de marcha en pista.

Nerea Lage, despois de varios anos subindo o podio, proclamábase campioa galega da categoría sub 16 ao rematar os 3.000 metros de marcha en pistaa cun crono de 15.48 minutos.

Foi o sábado 25 de novembro na primeira proba oficial da temporada 17/118 en Lugo na que Nerea lograba o seu primer título autonómico.

Pero entre os membros do Atletismo Friol lograban un total de tres podios; xa que Vanesa Blanco conquería a medalla de bronce na categoría sub 18, sendo ademais a oitava absoluta; mentras que na categoría sub 10, a debutante Uxía Platero tamén lograba a medalla de bronce.

O resto da actuación do grupo tamén estivo marcada polos bos resultados e por unha actuación conxunta moi meritoria. Así, Marcos Burgo lograba a quinta praza na categoría Sub 18, Juan Zas era tamén quinto na categoría sub 16, Juan David quinto na sub 14, Noa Mouriz quinta na sub 12, Lucas Castiñeira, quinto na sub 14, Eva Freire sexta na categoría sub 16, Miguel Ángel Sánchez sexto na categoría sub 18, Mario Campo décimo na categoría sub 14, Xoel Castiñeira décimoprimeiro na categoría sub 14 e Mara Montes, décimoprimeira na categoría sub 14.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: