Quintas Canella e Miro Casabella, Chairegos de Honra 2017

A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos nomean Chairegos de Honra 2017 a dous “cantores da dignidade”, Pepe Quintas Canella e Miro Casabella, pola “sublime cualidade e especial sensibilidade interpretativa”, ademais da súa “disposición altruísta”.

O acto de homenaxe desenvolverase o sábado 16 de decembro ás doce do mediodía na Casa da Cultura de Vilalba con Alfonso Blanco presidindo a mesa na que intervirán Pilocha, Mero Iglesias; ademais dos propios cantores recoñecidos.

A música correrá a cargo de Raúl Galego, o gaiteiro nubeiro. Posteriormente, haberá un xantar no restaurante Carrizo de Santaballa. Neste caso, será preciso inscribirse no teléfono 646 41 38 90 e aportar 20 euros.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: