Suspendido o encontro entre o Castro e o Betanzos por inundacións no Arturo Pereiro

As adversas condicións meteorolóxicas fixeron que o campo de fútbol Arturo Pereiro onde o CD Castro xogaba contra o Betanzos se inundase. Así, o árbitro decretaba a suspensión do encontro que aínda non ten data de disputa posto que depende da Federación Galega de Fútbol.

Ao remate dos 20 minutos disputados os locais perdían por 0-1.O gol do Betanzos chegou tras un rápido saque de falta dende o medio campo que sorprendeu á defensa do CD Castro, anotando gol Sergio Fernández (número 9) no minuto 10.

O CD Castro gozou de varias ocasións de perigo: dúas a cargo de Omar algo escorado e dentro da área e unha de Javichu ao rematar coa testa por riba do pau superior.

Etiquetas