A Casa das Ínsuas organiza unha viaxe á lagoa de Cospeito para ver as aves invernantes da Chaira

As zonas húmidas e campos da Terra Chá reciben a un grande número de aves distintas que veñen a pasar o inverno na busca de alimento e refuxio. Esta época é un momento estupendo para enfundarnos os nosos prismáticos, cámaras fotográficas e demáis aparellos ópticos e disfrutar coa observación destes visitantes invernais que, xunto ás aves residentes e demáis fauna, enchen de vida a comarca chairega.

Así, o vindeiro sábado 16 de decembro dende o C.E. N Casa das Insuas a Asociación Galega de Custodia do Territorio organiza unha saída na procura das aves invernantes da Chaira ás 10 da mañá cara Feira do Monte para visitar a lagoa de Cospeito e os prados da Espiñeira, lugares idóneos para encher o noso caderno de campo cunha morea de observacións interesantes.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse en www.custodiadoterritorio.org/actividades e solicitar máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 620 59 38 92.

Etiquetas