Colisión frontal en Outeiro de Rei

Os xestores do 112 atenderon unha colisión en Outeiro de Rei. Concretamente, o accidente rexistrouse ás dez menos vinte deste martes na N-VI, punto quilométrico 512 e resultou ferida unha persoa, que nun primeiro momento sospeitaban que estaba atrapada no interior do turismo accidentado.

Así, o persoal do 112 avisou aos Bombeiros de Vilalba, aos profesionais de Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar do sinistro, os bombeiros comprobaron que a persoa estaba liberada e estaba xa sendo atendida polos servizos sanitarios.

Non obstante, permaneceron no lugar para a limpeza dos restos de aceite e materiais que quedaron na vía. Deste xeito, restableceron as condicións de seguridade na calzada e regresaron á base.

Etiquetas