A Casa das Ínsuas prepara en Rábade actividades para rapaces e rapazas polo Nadal

A Casa das Ínsuas de Rábade acollerá o “Bosque de Nadal” dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos entre o martes 26 e o venres 29 de decembro.

Trátase dun completo programa de actividades gratuítas relacionadas coa natureza para desfrutar do Nadal impulsadas pola Asociación Galega de Custodia do Territorio coa colaboración da Deputación Provincial e o Concello de Rábade.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do portal web www.custodiadoterritorio.org/actividades e consultar máis información a través do teléfono 626 42 08 56 ou do enderezo electrónico custodiadoterritorio@gmail.com.

Etiquetas