Skip to main content
Actualidade

Activado o Plan Invernal da Deputación no que traballarán 112 operarios con 64 máquinas

Por 13 Decembro, 2017Sin comentarios

O vicepresidente da Deputación presentaba o dispositivo na Fonsagrada cos alcaldes da localidade, Meira, Pol e Navia de Suarna.

O vicepresidente da Deputación e Deputado de Vías Obras, Manuel Martínez Núñez, acompañado de Alcaldes da provincia, presentou este mércores na Fonsagrada o Plan Invernal que xa ten en marcha o organismo provincial para garantir a seguridade na rede viaria provincial e municipal. É a máis extensa do estado con 4.200 quilómetros, dos que 1.500 quilómetros están por riba dos 600 metros de altitude con respecto ao mar e 800 a máis de 800 metros. Trátase dun dispositivo co que o Goberno da Deputación contribúe ao fomento da emprego na provincia, o das 8 PEMES lucenses con experiencia no eido das actuacións por incidencias causadas pola neve e xeo, que se encargarán de prestar o servizo. dos que máis de 1.500 quilómetros están por riba dos 600 metros de altitude e 800 a máis de 800 metros con respecto ao nivel do mar.

Martínez Núñez avanzou que o dispositivo invernal da Deputación está composto por 112 operarios e 64 máquinas, e conta con máis de 420 toneladas de sal nos 12 saleiros que hai na provincia. O Vicepresidente lembrou ademais que na pasada campaña, o organismo provincial atendeu 426 incidencias, 174 menos que o ano pasado, e empregou 735 toneladas de sal.

O responsable da área de xestión territorial subliñou “o esforzo inversor do Goberno da Deputación para mellorar a rede de vías que temos na provincia. De feito, vimos de pór en marcha un plan dotado de 15 millóns de euros para melloras en estradas provinciais dos 67 Concellos, co que poderemos ter aglomerado, practicamente, o 50% da rede provincial, uns 2.000 quilómetros”.

Martínez Núñez lembrou que a Deputación de Lugo, a diferenza doutras administracións públicas do país, ofrece esta asistencia, de xeito totalmente gratuíto, a todos os Concellos da provincia que o soliciten. De feito, en intensos temporais, o organismo provincial tamén actúa en estradas da provincia de León, que lindan coas de Lugo. Os municipios nos que máis incidencias se rexistraron foron Baleira, Folgoso do Caurel, Cervantes, A Fonsagrada, o Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Zonas de actuación
O dispositivo despregado pola Deputación atópase dividido en 8 zonas da rede viaria provincial. Por cada unha delas hai 8 vehículos -2 máquinas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up, adaptadas con cuña e saleiro e 2 vehículos de apoio con medios mecánicos- e 14 operarios. Isto significa que, en total, a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia. Ademais cada empresa adxudicataria que atende a cada zona terá que dispoñer do dobre de medios, por si fóra preciso utilizalos. A maiores aparte desta maquinaria, o dispositivo tamén conta con varias máquinas do parque móbil como palas mixtas ou camións, que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.

Zona Norte
– Zona 1, con 530 quilómetros de vías, nos Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 2, con 618 quilómetros, no Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.
Zona Centro
– Zona 3, con 668 quilómetros, en Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
– Zona 4, con 680 quilómetros, en Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.
Zona Oeste-Sur (A Montaña)
– Zona 5, con 332 quilómetros, en Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 6, con 334 quilómetros, en Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 7, con 313 quilómetros, en Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
Zona Sur
– Zona 8, con 738 quilómetros, en Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.

Saleiros
O organismo provincial conta con 35 toneladas de sal para os 12 silos, que se encontran en Cervantes, Folgoso do Courel, Becerreá, A Fonsagrada, Ribas do Sil, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo. Como vén ocorrendo nos últimos anos, a Deputación suministra aos Concellos sal, de xeito totalmente gratuíto, para a súa aplicación nas estrada municipais.

Medidas preventivas
As actuacións que se realizarán na campaña, enfocadas a paliar as inclemencias meteorolóxicas, son:

-Preventivo de xeo; unha actuación que consiste no estendido de fundente (sal), antes do inicio do episodio climatolóxico adverso, deste xeito redúcese a posibilidade de formación de xeo.

-Curativo de xeo; unha vez que é detectada a presenza de xeo no pavimento aplícanse fundentes con maiores dotacións para eliminar as placas.

-Curativo de neve; cando se produce unha nevarada será a necesaria a retirada da mesma, e ao mesmo tempo é necesario a aplicación de fundentes sobre a calzada. Esta operación pode realizarse se a neve non supera os 10 cm.

-Curativo con gran nevarada; con mais de 15 cm. de neve na estrada xa é considerada como gran nevarada, para a que será necesaria o uso de grandes maquinas quitaneves con cuña e maquinas cargadoras.

Presentación
A este acto de presentación do Plan Invernal da Deputación celebrado na Fonsagrada asistiron unha ampla representación de Concellos da provincia. Concretamente, ademais do Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o de Navia de Suarna, José Fernández Fernández; de Meira, Antonio de Díos González e Pol, Lino Rodríguez.