Poesía social contra os lumes pendurarán das farolas de Parga e Guitiriz a comezos do 2018

Un ano máis, e van tres, nos primeiros días de 2018, as farolas do concello natal do poeta Díaz Castro lucirán poesía con mensaxe social.

A NPG Nova Poesia Guitirica, a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e o portal literario dixital Culturalia GZ organizan a terceira edición de POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS.

Se en 2016 supuxo a estrea con poemas da NPG, e na segunda, foi dedicada á temática contra a violencia machista, para este ano 2018 o lema será “Lumes nunca máis” e coa novidade dunha convocatoria aberta a quen queira participar.

Como dende o inicio, un poema de Xosé María Díaz Castro figurará entre o conxunto dos que decorren as farolas guitiricense de Lagostelle e Parga. Neste caso, será o poema “Esmeralda”, unha homenaxe á natureza e á importancia das cousas pequenas, que inspirou ademáis o recente #CertameVilariñas de micropoesía que con tanto éxito se ten iniciado.

Num mundo cada día máis prosaico, a poesía axuda a humanizar e mudar desde o compromiso e neste caso desexando mudar conciencias non só de persoas, senón dos poderes para evitar lacras que ennegrecen o noso país, que nos empobrecen e deixan un mundo peor ás xeracionalmente que nos sucedan. Por iso, a temática da vindeira edición é “Lumes nunca máis”.

#PoemasPenduradosDeFarolas desde xa mesmo pode recibir poemas para a terceira edición nos enderezos electrónicos dosvilares@gmial.com ou en info@culturaliagz.com que serán distribuídos polas farolas de Guitiriz e alarga a comenzos de 2018 e posteriormente editados nos portais dixitáis www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com En formato libro para descargar. A estrutura e rima son libres.

Etiquetas