Skip to main content
Actualidade

O Goberno da Deputación inviste 2,2 millóns na mellora de dotacións públicas de 13 Concellos

Por 15 Decembro, 2017Sin comentarios

Darío Campos, presidente da Deputación.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou este venres que o Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno novos investimentos por valor de 2,2 millóns de euros para melloras en dotacións públicas de 13 localidades lucenses. Este investimento de 2,2 millóns de euros distribúese do seguinte xeito:

– 1,3 millóns á rehabilitación dos pavillóns 1 e 2 do Fogar de Santa María, acadando un unha redución no custe destas obras, cuxa contratación se aprobou este mesmo venres, de 500.000 euros.

– 450.000 euros ao arranxo de dotacións servizos públicos municipais de 10 Concellos. Deste xeito, mellorarase a Avenida Outeiro, na Pobra do Brollón, con 220.000 euros; o campo de fútbol municipal “José Mario González”, en Sarria, con 100.000 euros; e o polideportivo e piscina de Alfoz, con 54.000 euros.

– 440.000 euros á mellora de 9 quilómetros de 4 estradas provinciais, que discorren polos Concellos da Pontenova, A Fonsagrada e Baralla. Trátanse das vías que conectan A Pontenova coa N-640 (LU-P-4808, A Pontenova); A Pontenova coa Fonsagrada (LU-P-1904, A Pontenova-Fonsagrada); as localidades de Boulloso a Figueirúa (LU-P-4805); e os núcleos de Longoiro por Sixerei (LU-P-0506, Baralla).

– 76.000 euros á rehabilitación de accesos viarios a núcleos rurais de Alfoz, A Pontenova, Monterroso, Pol, Barreiros, Monforte de Lemos e Ribas de Sil.

– 65.000 euros para a compra dun camión para o parque móbil municipal de Riotorto.

– 24.000 euros que garantirán a segunda edición do Festival Internacional de Música “17º Ribeira Sacra”, que converterán á Deputación na principal patrocinadora da cita.

Ben Empregado 4
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou ademais a listaxe provisional dun total de 204 empresas e colectivos sociais da provincia, que poderían beneficiarse do Ben Empregado 4. Son beneficiados de carácter provisional, pois agora abrirase un prazo de 5 días para a presentación da documentación necesaria. A previsión é aprobar a listaxe definitiva e abrir o imprescindible período de alegación en 15 días. Os 204 beneficiados provisionais, son 166 empresas e 38 colectivos sociais, que solicitan axudas para a contratación de 213 lucenses no paro. Máis información en www.deputacionlugo.gal.