Programación da Asociación Avelino Díaz en Meira e Riotorto

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Concelleiro de Cultura de Meira, Agustín Méndez, presentaron a programación do Nadal Cultural 2017 que organiza a Asociación Avelino Díaz e que leva o nome de 120 anos de Avelino Díaz. Esta iniciativa desenvolverase os días 22 e 23 de decembro nos Concellos de Riotorto e Meira, respectivamente. O Goberno Provincial colaborou coa asociación a través da TIC, coa gravación do primeiro documental sobre o poeta de Meira nacido en Riotorto.

Programación

Venres 22 de decembro

19.30 horas. Local da Órrea – A Terra de Miranda: Lacón Poético

Proxección do documental Riotorto emigrante: a voz dos retornados, de Vanesa Gómez Lourido e Miriam Bouso.

Presentación do libro de Avelino Díaz 14 poemas, por parte da poetisa mirandesa María José Fernández, con edición crítica e estudo previo de Benigno Fernández Salgado. Recital Poético.

Entrega á asociación de Veciños da Órrea do cadro A Órrea dende a Eirexa, por parte do pintor mirandés Antonio Rivas Pol.

Actuación do Coro de Riotorto.

 

Sábado, 23 de decembro

17:00 horas. Centro Sociocultural de Meira.

Conferencia: Avelino, un periodista de raza; a cargo de Xosé López García, catedrático de xornalismo da USC e Secretario do Consello da Cultura Galego

Presentación do libro de Avelino Díaz 14 poemas, con edición crítica e estudo previo de Benigno Fernández Salgado.

Conferencia: A voz nobre e conmovida de Avelino Díaz na poesía galega transterrada de Buenos Aires (1930-1970), a cargo de Xesús Alonso Montero, ex-Presidente da Real Academia Galega.

Intervención do Presidente da Asociación Cultural Avelino Díaz, Paco Veiga.

Actuación do Tango en Xaneiro.

 

20:00 horas. Centro Sociocultural de Meira.

Musiqueando a Avelino, con actuación de Nove Ferreñas Pandereitas e outros grupos.

 

De Lugo a Arxentina

Díaz naceu en Riotorto, no lugar da Travesa, na parroquia de Santa Comba da Órrea, onde viviu ata os dez anos de idade. Aos 12 viuse na obriga de emigrar coa súa familia a Bos Aires, alí permaneceu seis anos ata regresar a Meira, onde exerceu coma mestre durante un ano para marchar de novo, e non regresar. Na capital arxentina, Avelino Díaz desenvolveu unha intensa actividade xornalística e literaria. Como legado, deixou publicadas tres obras: “Debezos” e “Pallergas”, en galego xunto a “Flor de Retama”, en castelán.

Etiquetas