Cena de confraternidade en Guitiriz para persoas que viven soas

O Concello de Guitiriz organiza o día de Reis un Xantar de Confraternidade dirixido a todos aqueles veciños e veciñas  do municipio que por diferentes razóns viven sos.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en asistir poden anotarse nos Servizos Sociais do Concello  ata a xoves día 4 de xaneiro ás 14:00 h.

O que se pretende con esta actividade é que todas as persoas que residan soas podan disfrutar da compaña doutros veciños na súa mesma situación nestas  datas tan significativas e especiais.  Esta iniciativa xa leva varios anos facéndose e sirve para que moitos veciños se coñezan e favorezan as relacións interpersoais, que dado o carácter rural e disperso do mesmo non se coñecerían se non fose por actividades deste tipo.

Por outra banda, o Concello de Guitiriz repartiu o día de Noiteboa  un total de 20 ceas a persoas que viven soas e non teñen a posibilidade de acudir a casa de ningún familiar.

 

 

Etiquetas