Skip to main content
ActualidadeGuitirizMeira

A Deputación arranxará estradas de Meira e Guitiriz

Por 12 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A Deputación Provincial investirá un total de 4 millóns de euros para a mellora de 79 quilómetros de 27 estradas provinciais que discorren por 16 concellos da provincia, segundo se aprobou en Xunta de Goberno.

Dentro da Terra Chá as accións que se realizarán serás as seguintes:

  • Meira: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 3,000 quilómetros de 2 estradas provinciais, cun presuposto inicial de 101.852 euros
    – 705 metros, entre os puntos quilométricos 0 e 0,705, da LU-P-3003, de Meira, por Leiras, a N-640
    – 2,2 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,295, da LU-P-3005, de Couso a Vilar de Corota
  • Guitiriz: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme de 2,3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 5,060 ao 7,430, da LU-P-2301, de Guitiriz a Vilares, cun presuposto inicial de 165.237 euros