Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Iescha entregará o premio Agustín Fernández a María Reimóndez o día 20

Por 12 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Instituto de Estudios Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia realizarán o acto de entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez, o sábado día 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

O acto estará presentado por Carmen Hermida e contará coa intervención dos escritores Xabier P. Docampo e Marica Campo, ademais de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, e Agustín Baamonde, alcalde de Vilalba, que darán paso á entrega do Premio a súa gañadora.

A continuación terá lugar un pequeno pero variado espectáculo onde non faltarán: a música, a poesía, a imaxe, a narrativa e a plástica. No apartado musical, destaca a participación de Alfonso Maseda, Mª Xosé Frafa, o grupo Jopamenboja e Buxos Verdes. Por outra banda, Martiño Maseda recitará alguha poesía e a pintora e debuxante Isabel Pardo estará presente no escenario realizando unha composición. Tamén, dúas rapazas, narrarán un fragmento dunha das obras do escritor vilalbés.
Durante o acto proxectarase un video en homenaxe a Agustín recollendo distintas pasaixes da súa vida profesional e literaria.