Comer saudable fóra da casa ¿imposible ou impensable?

Por Marta P. Fandiño
Nutricionista de Nutripasos

Existen varios motivos polos cales comer fóra de casa resulta unha boa opción, ou mellor dito a única das opción dispoñibles no día a día. Permitirse unha comida a semana ou cada quince días fóra da casa, non vai a supoñer un problema alimentario, sen embargo optar diariamente por esta opción pode comprometer o estado de saúde. Dixestións pesadas, fatiga, aumento de peso… son algúns dos síntomas derivados desta práctica, que aínda que pareza imposible, pódense evitar seguindo algunhas pautas. O primeiro paso é aceptar que comer fóra da casa é unha rutina, polo que o “desfrute” gastronómico débese deixar para momentos de ocio puntuais.

¿Menú do día ou carta?

A elección dunha ou doutra opción dependerá da oferta do establecemento, polo xeral, o prato do día ofrece varias opción con algunha saudable e permite aforrar algo de cartos. Non obstante, se a elección é complicada o non existe nada claramente saudable, pódese optar por unha ensalada, pescado ou carne magra á prancha dispoñible en todos os restaurantes ou bares.

Dar preferencia a cocidos, alimentos a prancha ou ó forno pode ser unha boa decisión, posto que aínda que o aceite que se emprega adoita ser menos saudable, a cantidade empregada é menor.

Para mellorar as características da comida, hai que estar mentalizados e evitar chegar con moita fame a esta hora do día. Un maior apetito pode ser determinante á hora de escoller alimentos máis calóricos. Para evitar esta situación, é aconsellable consumir unha ou dúas pezas de froita a media mañá ou xusto antes de saír a comer.

“Con ensalada por favor” Cando o camareiro lee a nota adoita esquecer as guarnicións, polo que pode ocorrer que ó chegar o prato a mesa veña repleto de patacas fritidas, no mellor dos casos caseiras e no peor xa precociñadas. Para non tentar á sorte, débese evitar malentendidos preguntando sempre polas guarnicións do segundo prato e pedir un cambio se fose necesario. Ningún establecemento poñerá problemas por acompañar ou modificar o acompañamento por ensalada ou pataca fervida. 

Outro dos problemas atopados ó comer fóra da casa é a cantidade, normalmente moi excesiva. A isto, súmase o feito de que a tardanza entre pratos é maior e as comidas están mais sazonadas, polo que a inxestión de bebidas tamén aumenta, permitindo ambas características que o volume do xantar medre. A mellor opción é escoller un prato único e prestar especial atención a sensación de saciedade, non pasará nada por deixar comida no prato.

Se polo motivo que sexa o restaurante é de buffet, non debe darse todo por perdido. O truco está en escoller alimentos simples para crear os pratos. É dicir, evitar guisos, fritos e alimentos con salsas, optando por alimentos crús, para crear unha ensalada ou para cociñar á prancha ou no wok (sen engadir salsas ricas en azucres). Os doces quedan reservados para outro tipo de comidas máis específicas, no seu lugar pódese escoller froita natural, iogur ou café (evitando engadir azucre).  A elección de bebidas azucradas, alcohólicas ou con gas, poden voltear o marcador en contra, polo que é preferible optar por auga.

Que pasa se é comida para compartir?

Pódese dar o caso de que a comida sexa con clientes ou amigos, e que se decida pedir para compartir algunha que outra ración. Nestes casos intentarase escoller a ración que menos graxas saturadas conteña, polvo con patacas cocidas ou luras á prancha por exemplo. Servirse unha cantidade no prato e non petiscar resulta de obrigado cumprimento, xa que ver o que imos comer antes de facelo é clave na sensación de saciedade e permite controlar as cantidades inxeridas.

En resumo, débese comer unha froita antes de chegar ó establecemento, optar por prato único coma un peixe ou carne magra a prancha e acompañar con ensalada ou pataca cocida, beber auga e evitar os doces. Se as cenas xa son na casa, optarase por verduras soas ou acompañadas de legumes, pastas ou arroces integrais. Con estas pautas, comer fora da casa non suporá ningún problema.