Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Deputación amañará dúas estradas na Pastoriza

Por 22 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, avanzou que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno un novo investimento de 1,3 millóns de euros para mellorar infraestruturas e dotacións públicas aos veciños de 10 municipios. Martínez Núñez explicou que son 1,2 millóns de euros para mellorar acondicionar 24 quilómetros de 7 estradas que discorren por 4 municipios e outros 106.000 euros para melloras en accesos rurais, alumeados públicos ou rúas doutros 6 municipios.

Na comarca da Terra Chá inclúense 5,5 quilómetros de 2 estradas na Pastoriza: a LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, a Lindín, e a LU-P-4402, da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña a Muiñonovo.