Skip to main content
ActualidadeXermade

Rematan as obras de mellora da casa escola de Momán, sede da Uned e doutros colectivos culturais e sociais de Xermade

Por 24 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A Deputación Provincial rematou as obras de mellora realizadas na casa escola de Momán, que é a sede da Uned Senior desta zona, que conta con 300 matriculados de entre 70 e 80 anos; así como da Asociación de Mulleres Rurais Saudable, considerada como un dos colectivos máis vivos da provincia debido á múltiple actividade que as hoxe máis de 60 sociais de entre 30 a 75 anos desenvolven durante todo o ano; ademais de ser un punto de encontro de referencia para os 2.000 veciños do Concello de Xermade.

O deputado pola Comarca da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, o alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, e ducias de veciños deste municipio supervisaron o fin dos traballos e tamén comprobaron o resultado das obras levadas a cabo na zona de Amuraxe, na mesma parroquia de Xermade, para a recuperación dunha ducia de fincas forestais e agrícolas baldías mediante o acondicionamento dos accesos públicos ás mesmas, que estaban intransitables. O Goberno Provincial decidiu financiar na súa totalidade con máis de 22.000 euros o conxunto destes traballos en resposta ás necesidades veciñais.

As actuacións na casa escola de Momán consistiron na substitución do chan da primeira planta, no pintado do interior e exterior do edificio e no illamento térmico do mesmo. Renovouse por completo este inmoble que é un dos puntos de encontro de referencia dos 2.000 veciños de Xermade e onde se desenvolve durante todo o ano unha completa programación de actividades (pilates, clases de informática, ioga, zumba, obradoiros de manualidades…).

O Executivo Provincial financiou na zona de Amuraxe, na parroquia de Xermade, os traballos de recuperación de accesos públicos que estaban intransitables a máis dunha ducias de fincas forestais e agrarias aos que, precisamente por este motivo, non se lle podía dar uso. As actuacións consistiron na apertura de camiños, limpeza vexetal da zona e acondicionamento do firme con zahorra. Actualmente, os veciños están a recuperar 7 prados e 5 fincas forestais e agrícolas grazas a dispor destes accesos