Skip to main content
ActualidadeVilalba

Xoel López, Nunatak e David Kano Dj súmanse ao FIV 2018

Por 25 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A organización da undécima edición do FIV de Vilalba confirmou tres novas actuacións dentro do programa previsto para este festival, que terá lugar o 27 e 28 de abril. Estas súmanse ás de Lori Meyers, Novedades Carminha, La Habituación Roja e Escuchando Elefantes.

O galego Xoel López presenetará nesta edición o seu novo disco, Sueños y pan. Nunatak, pola súa banda, ofrecerá unha nova mixtura entre pop, rock e folk no seu terceiro traballo, que sairá á luz no mes de marzo e que se escoitará por primeira vez en Vilalba.

David Kano levará a Vilalba o mellor do panorama electrónico-rock actual.