Un proxecto de Gaia recolle fotografías antigas de Castro

A asociación cultural Gaia de Castro Ribeiras de Lea arrincou unha iniciativa que leva por nome Castro na memoria, coa que se pretende lembrar a historia da vila de Castro a través de fotografías que poden verse xa na web www.castronamemoria.org. Nesta iniciativa están invitados a traballar todos os veciños do concello. De feito están promocionando a mesma a través das redes sociais e en charlas nos diferentes centros de reunión.

Todos os sábados pola tarde, a asociación recolle as fotografías que aporten os veciños para dixitalizalas e colgalas na web.

Etiquetas