Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Club de Loita de Vilalba, campión galego absoluto por equipos

Por 29 Xaneiro, 2018Sin comentarios
O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba vén de proclamarse campión galego absoluto por equipos das modalidade de loita libre olímipica e tamén de grecorromana nos campionatos galegos que se celebraron no Pavillón Municipal Santa Isabel de Santiago de Compostela.

En total, acadaron 6 ouros, 1 prata e 1 bronce en libre olímpica sénior; 4 ouros, 2 pratas e 2 bronces en grecorromana sénior; 1 ouro e 1 prata en libre olímpica cadete e 1 ouro e 1 prata en grecorromana cadete.

Destacou o traballo de José Cuba na máxima categoría, que non perdeu ningún punto nos 5 combates desputados, acadando o ouro tanto en libre olímpica como en grecorromana. O ouro de Carlos Yobani en libre olímpica en menos de 70 kg ou os ouros acadados por Roberto Díaz, Javier Rouco, Jose Luis Puentes e Adrián Imedio foron claves para acadar esta distinción.

Na catogoría cadete tiveron unha menor representación por baixas de última hora destacando os ouros de Samuel García, tanto en libre olímpica como en grecorromana en menos de 51 kg, ou as pratas de Rubén Fraga, en menos de 70 kg.

O Rábade tamén subiou ao podio na clasificación por clubs, pero esta vez na modalidade de libre feminina absoluta, na que rematou nun 3º posto. A este resultado contribuiron o ouro de Laura Arias e a prata de Gergana Dimitrova. Na categoría masculina, e tamén do Rábade, destacaron o ouro de Martín Vázquez en libre olímpica e o bronce de Jonathan Pernas.

O Lugo destacou coas pratas de Nicolás López en grecorromana e de Clemente Alves en libre olímpica.

Con estes resultados garantízase unha masiva representación nos próximos campionatos de España que se celebrarán en Murcia o próximo 10 de febreiro.