Resultados do Torneo do Lacón de Meira de billarda

O “Torneo do Lacón” de Meira, correspondente a 8ª xornada da LNB NorLeste e que vai xa pola súa novena edición, troca de nome para se corverter no “Memorial Pepe da Flor” en recordo do prematuramente desaparecido compañeiro Pepe. Esta tradicional proba disputouse no pavillón deportivo esta fin se semana.

Acudieron representantes das outras dúas conferencias, María e Luis Pirucha (Conferencia Rias Baixas) e Merche, Dilan, Kevin, Roi e Xulio Vilas (conferencia NorOeste), que axudaron a que nesta xornada se batera o rexistro de participación da tempada ao tempo que amosaron todos eles un alto nivel de xogo.

Destacada xornada para os especialistas en tiros directos donde brilou subliñadamente o actual campión nacional Markytos con tres varados. Dous fixeron Albino, Charli, Manu Pozo, Pepe de Outeiro, Rubén, Santi e Xulio Vilas. En total foron vintenove varados, un bo número ainda que non se achega o rexitro acadado nesta misma pista na pasada edición na que a cifra foi de trinta e oito, que é a mellor marca ata o de agora nunha xornada da conferencia Norleste.

Markytos fíxose co triunfo no terreo individual, o que lle permite escalar cinco postos na xeral e poñerse segundo en varados. Segundo foi Santi que tamén sube dous postos e ponse primeiro en varados. Polo terceiro posto tiveron que loitar Daniel, David Navallo, Franco e Luis Pirucha. Finalmente, foi o convidado Pirucha o que acadou o terceiro posto dando brilantez a participación foránea.

Desta volta, todas as féminas tiveron unha notable participación, de tal xeito que para o primeiro posto houbo un empate entre Geni, Lola Eiras, Lorena e Maricarmen. Curiosamente Paula non tivo o seu mellor día, malia a eso, manten o segundo posto na xeral de donas.

Billardeiros Musicais dominaron por equipos superando a Carabullo e Chainzos-Cadaval que na xeral ocupan estas mismas posicións. Parece que a loita polo terceiro posto vai ser emocionante entre Chainzos-Cadaval e Troitas Bravas que están so a nove puntos un doutro. Os dous primeiros, camiñan con paso firme cobrando pouco a pouco mais ventaxa e non semella que vaian a ceder.

Pola Asociación M de Meira, Lola Eiras e Oscar Coto, fixeron entrega dos agasallos aos campións da xornada.

  • 1º individual: MARKYTOS (Billardeiros Musicais) lacón e camisola Memorial.
  • 2º id : SANTI (Carabullo). Cachola e camisola Memorial.
  • 3º id. : PIRUCHA (Gharaboto). Botelo

(renuncia ó premio en favor do finalista David Navallo)

  • 1º id. Local: HERVI (Polka Miseria). GALIÑA DE MOS.
  • 1º equipo: BILLARDEIROS MUSICAIS de Ribadeo. Botella Crema de licor.

As clasifiacións xerais logo da sétima xornada quedan asi:

Individual:

  • Charli (Carabullo) 170 p
  • Manu Pozo (Billardeiros Musicais) 161 p.
  • Daniel (Billardeiros Musicais) 158 p.
  • Regueiro (Troitas Bravas) 156 p.
  • Rubén (Chainzos-Cadaval) 147 p

Donas:

  • Geni (Billardeiros Musicais) 127 p.
  • Paula (Chainzos-Cadaval) 105 p.
  • Lorena (Chainzos-Cadaval) 79 p.

Equipos:

  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 642 p.
  • Carabullo (Ponte Outeiro) 623 p.
  • Chainzos-Cadaval (Terra Cha/Castro Rei) 608 p.

Varados:

  • Santi (Carabullo), 7 varados
  • Charli (Carabullo), Markytos (Billard. Musicais),
  • P. Outeiro (Cha.-Cadav.) e Regueiro (Tro.Bra.) 5 id.

A vindeira xornada será o 10 de febreiro en Mondoñedo, no VIII Aberto da tarta. Saúde e billarda sempre!

Etiquetas