Xermade presenta aos veciños o inventario de camiños do Concello

O Concello de Xermade está a levar a cabo un Inventario de Camiños do concello co obxectivo de facer partícipes aos veciños dos traballos realizados nos mesmos e, ao mesmo tempo, que podan realizar as peticións que crean oportunas e que podan ser incluídas nos vindeiros orzamentos municipais (orzamentos participativos).

Nos próximos días, un técnico da empresa adxudicataria deste proxecto desprazarase polos locais sociais das distintas parroquias do concello de Xermade para realizar unha breve exposición dos traballos realizados. Os veciños interesados poderán consultar os expedientes en horario de 8.30 a 14.30 horas nas oficinas municipais. O técnico seguirá o seguinte horario:

  • Día 6 de febreiro. Escola de Piñeiro (17.00 a 18.00 horas) e Escola de Miraz (19.00 a 20.00 horas).
  • Día 7 de febreiro. Escola de Momán (17.00 a 18.00 horas) e Escola Calvario de Cazás (19.00 a 20.00 horas).
  • Día 8 de febreiro. Escola de Candamil (17.00 a 18.00 horas) e Escola da escrita de Burgás (19.00 a 20.00 horas).
  • Día 9 de febreiro. Biblioteca de Xermade (17.00 a 18.00 horas) e Escola de Cabreiros (19.00 a 20.00 horas).
  • Día 14 de febreiro. Escola de Roupar de Arriba (17.00 a 18.00 horas) e Escola de Roupar de Abaixo (19.00 a 20.00 horas).
  • Día 15 de febreiro. Escola de Lousada de Arriba (17.00 a 18.00 horas) e Escola de Lousada de Abaixo (19.00 a 20.00 horas).

Etiquetas