Skip to main content
Actualidade

A Casa-Museo Manuel María porá en marcha un club de lectura

Por 2 Febreiro, 2018Sin comentarios

A Casa-Museo Manuel María porá en marcha este ano un club de lectura co obxectivo de dar continuidade ao incansábel labor de dinamización cultural que o poeta levou a cabo durante toda a súa vida.

As persoas interesadas en participan (ou en ter máis información ao respecto), han de enviar un correo ao enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal indicando o seu nome e mais un e-mail de contacto.

Terase en conta a orde de inscrición se o número de solicitudes for superior ao de participantes.

O venres 16 de febreiro, ás 19 h, terá lugar unha xuntanza de presentación na Casa-Museo (Outeiro de Rei, ao lado do concello), onde se desenvolverán habitualmente as sesións de comentario das obras. Nesta primeira xuntanza serán concretados algúns aspectos do funcionamento desta proposta lectora.