A Deputación publica 26 empregos na Terra Chá dentro do programa Ben Empregado IV

A Deputación xera outros 188 novos postos de traballo en empresas e colectivos sen ánimo de lucro na provincia para lucenses no paro a través do Ben Empregado IV, máis social. Fíxoo na Xunta de Goberno deste venres, na que o Executivo Provincial aprobou os 188 perfís laborais que buscan 149 empresas e 39 asociacións lucenses, así como as bases do proceso público de selección para a cobertura dos mesmo. O BOP publicou toda esta información (perfís, bases e formularios de solicitude) e o prazo de inscrición permenacerá aberto do 5 ao 19 de febreiro. A Deputación asume durante 1 ano os custos laborais dos novos traballadores con 2,4 millóns de euros. Custéaos aos 100% no caso de contratar a persoas con capacidade diferentes, consideradas en risco de exclusión social e ás que retomen a súa actividade laboral en colectivos socias. Faino nun 50% cando as contratacións sexan a desempregados lucenses en xeral.

Así o informou o Presidente, Darío Campos Conde, que puxo en valor o “esforzo que estamos a facer dende o Goberno Provincial para xerar emprego de calidade para os lucenses e na nosa provincia. A Deputación non ten as competencias directas en emprego, pero dende este Executivo non miramos cara outro lado, pois a nosa prioridade son as persoas. Levamos feito un esforzo inversor que supera os 20 millóns de euros na xeración, nos 67 Concellos, de máis de 1.000 empregos para lucenses a través do Ben Empregado e do DepuEmprego”.

Todos os lucenses desempregados poderán concorrer aos 188 novos postos de traballo do Ben Empregado IV, máis social. Os interesados deberán inscribirse a través da Axencia de Colocación da Deputación. Poden facelo telematicamente, entrando directamente a http://deputacionlugoportalemp.com, que é a dirección da plataforma web da Axencia de Colocación da Deputación, ou ben entrar en www.deputacionlugo.gal e logo cliclar no banner a Axencia de Colocación da Deputación para acceder á mesma. Unha vez entrado nesta plataforma, dende rexistrase na mesma e a continuación ir ao Espazo do Demandante, onde verán todos os empregos ofertadas para solicitar os mesmos. Tamén poden inscribirse, de xeito presencial na oficina da Axencia de Colocación da Deputación, que se sitúa no primeiro andar do Pazo de San Marcos. A outra posibilidade é entregando a solicitude de papel, que se publicará mañá no BOP e que estará o luns en www.deputacionlugo.gal, nos Rexistros das institucións.

Os 188 empregos son en practicamente todos os sectores, pois hai camareiros, xornalistas, peóns, enxeñeiros, comunity manager, condutores, auxiliares de xeriatría, administrativos, pintores, comerciais, electricistas, profesores de autoescola, axudantes de cociña, profesores deportivos, persoal de limpeza, esteticista, perruqueiros, dependentes, técnicos superiores en sistemas informáticos, mecánicos, psicólogos, delineantes industriais, repartidores, educadores sociais, licenciados en dereito, en bioloxía, en historia, en comunicación audiovisual….panadeiros, soldadores, xardineiros, técnicos agrícola…..

Dos 188 novos postos de traballo que demanda o tecido empresarial e asociativo lucense, 15 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña; 26 da Comarca da Terra Chá; 93 na de Lugo; 13 na de Sarria; 5 na da Ulloa; 14 na da Montaña; 22 en Lemos e Chantada.

Terra Chá

A distribución dos 26 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca da Terra Chá son os seguintes:

– Son  20 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: na Pastoriza, 1 mecánico oficial 1ª; en Abadín, 1 auxiliar de produción en viveiro de plantas;  en Castro de Rei, 1 mecánico-recambista, 1 axudante de cociña; en Cospeito, 1 palista, 1 dependente/a, 1 albanel; en Meira, 1 repartidor, 1 oficial de servizos; en Vilalba, 1 dependente, 1 axudante camareiro, 1 dependente/a, 1 axudante de camareiro/a, 1 auxiliar administrativo/a, 1 perruqueiro/a,  1 axudante pastelería, 1 pintor, 1 fisioterapeuta, 1 camareiro/a, 1 peón fabricación de queixos.

– Son 4 empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castro de Rei, 1 dependente, 1 peón limpeza; en Vilalba, 1 administrativo e 1 camareiro/a.

– Son 2 os colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Vilalba, 1 oficial administrativo e 1 xestor/a deportivo taekwondo.

3 liñas de financiamento

– O Goberno da Deputación ofrece o 100% da axuda ás entidades que contraten persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Son 19 as empresas que solicitaron esta liña e resultaron beneficiadas. Contratarán a 19 lucenses desempregados e en dita situación.

– O Executivo Provincial ofrece o 50% da axuda ás empresas que contraten a lucenses actualmente no paro en xeral. 130 entidades optaron por esta liña de financiamento e contratarán a outros 130 veciños da provincia en situación de desemprego.

– A outra liña de financiamento está dirixida exclusivamente a colectivos sociais da provincia, aos que se lles ofrece o 100% da axuda para reforzar a súa actividade social con veciños no paro. Son 39 asociacións as que resultaron beneficiadas e polo tanto poderán contratar a 39 novos traballadores.

Etiquetas