Nenos da comarca non poden acudir ao colexio este luns pola neve

A presenza de neve nas estradas impediu esta mañá a asistencia aos centros educativos dun total de 426 escolares da provincia de Lugo (dos cales 311 son usuarios de transporte escolar e o resto trasládanse por medios propios), segundo os datos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Polo que respecta ás rutas de transporte escolar, rexistráronse 54 itinerarios totalmente afectados e 18 só parcialmente.

A maior parte dos centros afectados están nos concellos da Fonsagrada, Navia de Suarna, Castroverde, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Samos.

Na zona centro faltaron alumnos usuarios do transporte escolar en Meira, tanto no colexio Poeta Avelino Díaz como no IES Pedregal de Irima, e en Vilalba, no IES Santiago Basanta Silva.

 

 

Etiquetas