O concello de Meira fará melloras no campo de birlos

O concello de Meira arranxará en próximas datas o chan do campo de birlos celtas que se atopa deteriorado polo tempo. O lugar de xogo atópase cerca da residencia de maiores, aínda en construcción.

Neste campo xoga actualmente o Club Arcasco Carballal, o cal está integrado por 20 homes que xogan na Liga Galega, na Liga Local e noutros torneos onde cada partido é o mellor de 3 xogos de 200 tantos cada un.

A este deporte tradicional, que se atopa en crecemento, aínda lle falta camiño por andar e xente nova que se anime a practicalo. Ademáis na zona de Castro de Rei, o Club Cadaval destaca coma un dos mellores da liga.

Etiquetas