O PSOE de Vilalba renova a súa executiva

O PSOE de Vilalba vén de formar unha nova executiva para “continuar co arduo traballo de presentarse como unha alternativa de goberno sólida, na que a veciñanza se sitúe no centro das políticas municipais con igualdade de oportunidades, varrendo o caciquismo dunha vez por todas”. Así o subliñou a voceira dos socialistas no consistorio, Elba Veleiro, que ostenta o cargo de Presidenta e Secretaria de Sanidade e Servizos Sociais na nova executiva, liderada polo concelleiro Rodrigo Pavón.

Desde a Agrupación do PSOE aseguran que “seguiremos traballando na mesma liña para gañarnos a confianza da veciñanza de Vilalba, pois nas últimas eleccións xa trasladaron cos seus votos que o Partido Popular ten os días contados”, afirmou o novo Secretario Xeral, Rodrigo Pavón.

A oposición socialista ás políticas nepotistas e de desgoberno do PP de Vilalba “vén acompañada de multitude de propostas que mellorarían o benestar das persoas máis vulnerables, aportarían máis recursos aos veciños e veciñas que residen nas parroquias, revitalizarían e dinamizarían o municipio, e sobre todo, empregarían as arcas municipais con criterios de transparencia e igualdade de oportunidades”, aseverou Pavón, engadindo que “os populares negan todas estas propostas, pero nós seguiremos traballando na mesma liña para demostrar con feitos que si hai outra forma de xestionar e gobernar o noso Concello”.

Secretarías da nova Executiva Municipal

Para desenvolver e continuar con este proxecto socialista de cara ás vindeiras municipais, a nova Executiva Socialista de Vilalba conta coas seguintes secretarías:

  • Presidencia e Secretaría de Sanidade e Servizos Sociais: Elba Veleiro.
  • Secretaría Xeral: Rodrigo Pavón.
  • Vicesecretaría Xeral e Secretaría de Medio Ambiente: Eduardo Vidal.
  • Secretaría de Organización: Marta Rouco.
  • Secretaría de Política Municipal e Educación: Xosé Teixeiro.
  • Secretaría de Igualdade, Comunicación e Cultura: Vanesa Siso.
  • Secretaría de Transparencia e Xubilados: Fernando Justo.
  • Secretaría de Emprendemento e Asociacionismo: Isabel Mariño.
  • Secretaría de Medio Rural e Acción Electoral: Francisco Lozano.
  • Secretaría de Comercio Local: Teresa Portela.
  • Secretaría de Pemes e Autónomos: Luis Fernández.
  • Secretaría de Xuventude: Miguel González.

Etiquetas