Skip to main content
Actualidade

Acusadas 17 persoas dunha serie de roubos en concellos lugueses

Por 6 Febreiro, 2018Sin comentarios

A Garda Civil de Lugo, no marco da operación YANKIE, acusa a 17 persoas de 12 roubos con forza perpetrados en diversos establecementos e naves industriais nas localidades lucenses de Castro Ribeiras de Lea, Vilalba, Baralla, O Corgo, Guntín, Sarria, Ribas de Sil, así como en Culleredo (A Coruña).

Os feitos ocorreron entre xullo de 2015 e xullo de 2017, dous anos ao longo dos cales a Unidade Orgánica de Policía Xudicial de Lugo solicitou as probas necesarias para considerar acreditada a autoría de doce roubos con forza nos que o valor do material subtraído alcanzou o medio millón de euros. A colaboración cidadá e o traballo de criminalística foron claves no esclarecimiento dos feitos.

Rodas, ferramentas e maquinaria son os obxectivos principais da organización investigada, a cal non poder considerar desarticulada.

A organización delituosa, que emprega como puntos de reunión zonas da bisbarra da capital lucense de difícil control policial, considérase unha das máis activas do noroeste de España. Non dubidaban en subtraer vehículos de carga para ser empregados na comisión dos roubos e dificultar así a investigación policial, algúns dos cales foron recuperados tras ser abandoados en días posteriores aos feitos.

O material subtraído, boa parte do cal foi recuperado tanto en rexistros domiciliarios como en inspeccións a chatarrerías efectuadas pola Garda Civil, era vendido no mercado negro a familiares ou compradores que gozaban da confianza da organización.