O Concello de Vilalba ampliará o seu persoal municipal

O Concello de Vilalba acordou en Xunta de Goberno iniciar o procedemento para a conformación de tres bolsas de emprego para cubrir as necesidades de persoal noutras tantas áreas.

As bases están a disposición de todos os cidadáns e poden consultarse tanto no taboleiro de anuncios como no Portal da Transparencia do Concello de Vilalba (vilalba.sedelectronica.es).

As bolsas de emprego convocadas son seguintes:

  • Personal administrativo (C2).
  • Auxiliar de biblioteca (C1).
  • Personal de oficios (C1).

Os prazos de presentación de solicitudes para as bolsas de auxiliar de biblioteca e para personal de oficios serán de cinco días naturais dende a última publicación no Tablón de anuncios e do Portal da Transparencia do Concello de Vilalba así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Debido á extrema urxencia e á necesidade para cubrir a praza de personal administrativo, o prazo para presentar solicitudes a esta bolsa será de tres días naturais a partir da última publicación no Tablón de anuncios e do Portal da Transparencia do Concello de Vilalba así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

A data límite para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo de conformación da bolsa de administrativo remata o xoves 8 de febreiro, mentras que para as bolsas de auxiliar de biblioteca e personal de oficios a data límite é o lúns 12 de febreiro.

Etiquetas