O Restaurante Suso de Castro de Rei, premiado co Prato de Ouro en Xantar

O Restaurante Suso, ubicado en Castro Ribeiras de Lea, recibiu en Ourense, concretamente na feira gastronómica Xantar, o Prato de Ouro de Radio Turismo en recoñecemento á súa traxectoria, de máis de 65 anos.

Este local, de fonda tradición na localidade, foi fundado polo matrimonio formado por Suso e Sara, xa falecidos, e nel traballaron sempre as súas fillas, María Jesús e Concha. Desde hai 12 anos, tras a morte do fundador, rexenta este establecemento Manuel, o seu xenro, que non dubidou en facer unha profunda remodelación do local nos últimos anos para poñelo máis cos tempos.

Polo tanto, nos últimos doce anos, o Restaurante Suso reformou a cociña e o comedor e volveuno facer fai catro anos, cando introduciron unha parrilla e unha carta con pescados e carnes de primeirísima calidade, por non falar dos seus postres caseiros.

Pero no Restaurante Suso únense tradición e modernidade porque xunto con pratos para os mellores paladares, pódense atopar os famosos callos de Sara, hoxe cociñados coa receta tradicional por Rosana, neta da fundadora.

E que no Restaurante Suso xa vamos pola terceira xeración, xa que Rosana e Manuel, netos dos fundadores, xa están ao frente do negocio aportando as súas ideas e coa intención de darlle continuidade.

Manuel Blanco Trigo, o actual xerente, asegura que non ten previstos máis cambios para o local pero que á larga non viría mal unha planta de habitacións arriva, “aínda que iso déixoo para os chavales”, explica.

Etiquetas