Outeiro de Rei realizará unha serie de actividades de promoción da muller

O Concello de Outeiro de Rei porá en marcha unha serie de actividades para o programa de Promoción da Muller 2018 que chega á súa 18 edición. Este ano haberá 10 actividades cun total de 200 prazas. O prazo de solicitudes abrirase o 23 de febreiro para todas elas, que se desenvolverán ao longo do primeiro semestre do ano.

  • Taller creativo de recilaxe textil
    Este taller permitira descubrir diferentes posibilidades para reutilizar a roupa e tecidos dos que moitas veces nos desfacemos canda aínda están en bo uso e realzar o valor dos traballos feitos a man por un mesmo.
  • Xardinería e coidado da contorna das casas.
    Abordarán tema do deseño de xardíns, mantemento do céspede, identificación e tratamento de pragas, enfermidades e malas herbas,selección de especies, plantación e coidado das plantas, arbustos ornamentais, labores de poda…
  • Obradoiro de plantas aromáticas e medicinais
    O obxectivo é aprender a identificar as principais plantas medicinais que podemos atopar na nosa contorna, coñecer os seus usos, así coma as súas contraindicacións, e saber como empregalas na práctica caseira mediante as distintas técnicas.
  • Obradoiro de elaboración artesanal de conservas de froitas e verduras
    A partir duns coñecementos básicos sobre técnicas de envasado e de esterilización, este obradoiro terá como obxectivo aprender a transformar produtos agrarios a través de métodos artesáns co ánimo de poder aproveitar mellor as pequenas producións domésticas.

Por outro lado, con motivo da celebración do Dia Internacional da Muller,o Concello organiza o segundo concurso de fotografía que baixo o título a muller traballadora no concello de Outeiro de Rei, onde pretende visibilizar o traballo das mulleres no concello.

Etiquetas