Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Comeza a xestarse o Máster de futbolín

Por 9 Febreiro, 2018Sin comentarios

Parellas de toda España reuniranse os días 29, 30 e 31 de marzo no Máster de Futbolín de Rábade, un torneo que reparte uns 10.000 euros en premios.

Trátase da 21 edición, que coincidirá con Semana Santa. O número de participantes calcúlase que será como outros anos, aínda que as incripcións, que custan 25 euros por persoa, pecharán o día 27 de marzo. Xogarase no pavillon do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.

No máster hai as modalidades para tres niveis de parado, movemento, combinada, feminina e infantil. As categorías reinas recibirán como premios 1200 euros e a estancia do ano que vén no Coto Real, as demás categorías repartiranse premios monetarios e roupa deportiva.

Haberá tamén o trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular e o trofeo David García, para o mellor porteiro.