Skip to main content
Actualidade

Tres investigados en Outeiro de Rei por roubo

Por 9 Febreiro, 2018Sin comentarios

A Garda Civil investiga a dous veciños de Outeiro de Rei (Lugo) de 29 e 31 anos de idade como supostos autores dun delito de apropiación indebida de mobiliario do interior dunha vivenda.

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de agosto, cando os presuntos autores subtraxeron mobles valorados en 1900 euros dunha vivenda. As dúas persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

A Garda Civil investiga tamén a posible autora dun delito de hurto. Trátase doutra veciña tamén de Outeiro de Rei, de 31 anos de idade, acusada de apropiarse sen autorización dun teléfono móbil valorado en 250 euros o pasado mes de outubro.

A persoa investigada tamén foi posta a disposición xudicial.