José Cuba, medalla de ouro no Campionato de España

O deportista vilalbés de loita José Cuba Vázquez conseguiu esta fin de semana  unha medalla de ouro en libre olímpica en menos de 125 kg nos Campionatos de España de Loitas Olímpicas celebrados en Murcia. Deste xeito, o deportistas suma 14 títulos de Campión de España na máxima categoría, sen dúbida unha fazaña sen igual neste deporte e que ten a ocasión de culminar coa súa clasificación para os Xogos de Tokio 2020.

Un total de 11 loitadores da provincia viaxaron como parte do combinado galego a Murcia. Xunto a Cuba tamén participaron outros vilalbeses que en conxunto conseguiron clasificar ao club no 3º postos por equipos. Trátase principalmente de Jose Luis Puentes que acadou un bronce e Adrián Imedio que conqueriu a prata na final de 57 kg. Javier Rouco e Pablo Chao acadaron un 5º e un 7º posto en menos de 96 kg e menos 74 kg mentras que Carlos Yobani García  tamén obtivo o quinto posto tras perder a loita polo bronce.
Da escola do Club Rábade participaron Laura Arias en emnso de 57 kg e Gergana Dimitrova en menos de 65 kg en loita feminina e Martín Vázquez, en libre masculina. Ningún deles tivo oportunidade de acadar medalla aínda que as rapazas estiveron a piques de acariciar o bronce ao perder ambas a loita polo metal na repesca. Martín, aínda que amosou un gran nivel, non tivo un sorteo moi doado quedando eliminado e sen posibilidade de loitar polas medallas na repesca.

Da Escola do Club Lugo destaca a prata de Nicolás López en grecorromana menos de 130 kg. que perdeu o ouro na final ante o representante murciano Clemente Alves, que con algunhas molestias nos últimos días tivo que conformarse co 7º posto en libre olímpica en menos de 61 kg.

Etiquetas