Charla sobre rehabilitación de vivendas en Friol

O Centro Sociocultural de Friol acollerá o xoves día 15, ás oito da tarde, unha charla informativa sobre as axudas da Xunta á rehabilitación de vivendas, e en particular, centrada na nova liña de subvencións para as que están emprazadas nas rutas do Camiño de Santiago.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro convidou a todos os que poidan estar interesados en facer obras nas súas vivendas a asistir ao evento, de acceso libre e gratuíto, e ao que poden sumarse desde propietarios de vivendas ou edificios a empresas de rehabilitación, técnicos urbanísticos ou arquitectos.

Os apoios da Xunta para vivendas no camiño de Santiago consisten nunha axudas de ata 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán cubrir ata o 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite máximo do 10 por cento do orzamento. Para este fin o Goberno galego reserva 2,9 millóns de euros.

Na charla tamén se abordarán outros apoios promovidos pola Xunta para vivendas particulares e edificios que necesiten reformas, independentemente do lugar no que se sitúen.

Etiquetas