Arrinca o Club de Lectura de Outeiro de Rei

Este venres, día 16, ás 19 hrs, comeza a súa andaina o Clube de Lectura Casa-Museo Manuel María. A actividade encádrase dentro das accións con que este equipamento tenta dar continuidade ao incansábel labor de dinamización cultural que Manuel María levou a cabo durante toda a súa vida.   

As persoas inscritas no Clube de Lectura determinarán neste primeiro encontro de presentación da proposta lectora, entre outras cousas, os aspectos de funcionamento (frecuencia dos encontros do clube, horario, lectura escollida…). A actividade aínda conta con prazas disponíbeis, así as persoas interesadas en participaren (ou teren máis información) poden enviar un correo ao enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Etiquetas