Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro reclama para o Concello un centro de día

Por 15 Febreiro, 2018Sin comentarios

A voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, anunciou a intención da organización de darlle un novo impulso á campaña para demandar a posta en marcha dun Centro de Día para persoas maiores no concello de Outeiro de Rei. Esta campaña, xa iniciada hai uns meses coa iniciativa que se levou ao Pleno do concello, estará baseada na urxencia que xa ten contar con esta infraestrutura, pois xa hai multitude de persoas do concello en situación desesperada con este tema ou que están esperando unha praza en centros de DIA de concellos limítrofes.

Ademais das máis de 2.000 persoas xubiladas coas que conta o concello, para o BNG “é unha realidade o feito de que existe unha gran cantidade de persoas que traballan fóra do propio concello, en traballos que fan que estean fóra da casa moitas horas ao longo do día, impedindo a atención ás persoas maiores que residen no fogar familiar”. “Esta complicación agrávase, se cabe, se temos en conta que os salarios son cada vez máis cativos así como as pensións que teñen a maioría das persoas maiores do noso concello” indicou o voceiro do BNG e engadiu “por un motivo ou outro, a contratación de persoas ou entidades privadas que poidan axudar nestas tarefas de conciliación faise unha utopía en moitos dos casos”.

Dende o BNG seguirase a informar ao conxunto da cidadanía sobre a importancia que ten contar con este servizo e esperando que estre todas e todos poidamos “forzar” ao Alcalde a que dea o paso e poña en marcha dunha vez este proxecto.

“Resulta fundamental contar xa con este servizo e para forzar ao Alcalde necesitamos a colaboración de todas as persoas de Outeiro, incluso dos votante do PP, pois este é un servizo fundamental para o futuro do concello e é para todas e todos, independentemente da súa ideoloxía”, manifestou o edil do BNG.

Dende o BNG tamén se sinalou que cando gobernaba na Xunta o bipartito e o BNG tiña a responsabilidade de asuntos sociais, ofrecéuselle a Outeiro de Rei a construción dun centro de CIA a través do Consorcio de Asuntos Sociais, ofrecemento que o Alcalde rexeitou debido a que se se construía por este sistema non podería “controlar” el as contratación de persoal, pois sería por un método de publicidade, mérito e capacidade, cuestións ás que o Alcalde non está moi acostumado.

“Non é tolerable, que por culpar de querer enchufar aos amigos ou aos do seu partido, en Outeiro levemos todos estes anos sen ter un centro de Dia, tal e como teñen por exemplo en Begonte, que aceptaron xa naquel momento o ofrecemento da Xunta”, asegurou o voceiro do BNG.