Un acordo entre o CD Lugo e o RC Vilalbés permitirá a entrada gratis aos encontros

O Racing Club Vilalbés e o CD Lugo firmaron un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades que lles permitirá a todos aqueles socios do CD Lugo que o desexen acceder gratuitamente ao partido deste domingo que disputará o Vilalbés co Barco de Terceira División. O encontro terá lugar ás 16.30 horas no estadio municipal de A Magdalena de Vilalba.

Os interesados só deberán presentar o carné de socio do club albivermello. Do mesmo xeito, os socios do RC Vilalbés terá acceso a un partido do CD Lugo, de Segunda División, aínda sen determinar.

Etiquetas