Castro de Rei reparará os accesos a varios núcleos rurais

O Concello de Castro de Rei abriu o prazo de presentación de propostas para a obra de mellora de accesos dende o núcleo de Pousadela, na zona de concentración parcelaria de Prevesos, ata a parroquia de Santa Leocadia.

Estas obras teñen un orzamento de 91,281 euros. Consistirán na limpeza de cunetas e repavimentación do vial municipal desde o núcleo de Pousadela ata a parroquia de Santa Lecoadia. Trátase dunha das principais vías de comunicación de titularidade municipal das parroquias de Preveos e Santa Leocadia.

Son 2,4 quilómetros e o prazo de execución dos traballos estímase nun mes.

 

Etiquetas