O Concello de Riotorto pon en marcha unha App municipal

O Concello de Riotorto vén de poñer en marcha un novo servizo municipal que leva por título Riotorto Informa. Tratáse dunha aplicación móvil na que os veciños reciben inforamción municipal do concello relativa a bandos, anuncios, noticias e información diversa.

A aplicación é gratuita e pode descargase para dispositivos Android ou iOS. Está accesible nas plataformas Play Store e App Store, así como nos códigos QR repartidos nos bandos.

Todos aqueles que non dipoñan de terminais compatibles, poden atopar a mesma información na web www.bandomovil.com/riotorto.

Etiquetas