Detidos en Castro Ribeiras de Lea polo roubo nun local de hostalería

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outras tres como supostos autores dun delito de roubo con forza cometido nun establecemento de hostelería situado no término municipal de Castro Ribeiras de Lea.

Tras ter coñecemento dun suposto roubo cometido a finais do pasado mes no cal apropiáronse de 1.500 euros nun establecemento de hostelería, iniciouse unha investigación para localizar os presuntos autores dando como resultado a imputación en calidade de investigados de tres persoas de 21,25 e 27 anos de idade, veciños de Abadín, Ribadeo e Mondoñedo como supostos cómplices no delito e un detido de 29 anos, veciño de Ribadeo como autor material dos feitos, o cal supuestamente accedeu ao interior do establecemento e tras forzar a verxa de entrada ao local levouse o diñeiro en efectivo.

As persoas detidas e investigadas foron postas a disposición xudicial.

Etiquetas