O IES Terra Chá implanta un programa para facilitar a convivencia

O IES da Terra Chá, de Castro Ribeiras de Lea, realizará entre o 19 e o 23 de febreiro a implantación do programa TEI (Titoría entre iguais).

O programa TEI, do que é autor Andrés González Bellido, está dirixido á mellora da convivencia nos centros educativos, a institucionalizar o bo trato como norma imprescindible da boa convivencia, e por extensión de prevención do acoso escolar.

O alumnado de 3º de ESO exercerá de titor/a emocional do alumnado de 1º de ESO. O respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos do seu desenvolvemento.

Despois de ter recibido formación o profesorado, o luns 19 de febreiro inician o proceso de formación inicial do alumnado. Este proceso inicial rematará o xoves 22 coa asignación de titores/as. A formación do alumnado estenderase ao longo de todo o curso.

Consulta o programa en profundidade neste enlace.

Etiquetas