O Concello de Guitiriz iniciará os trámites para sacar a segunda praza de policía local

O Concello de Guitiriz ten previsto sacar a segunda praza de Policía Local o antes posible, aínda que as dificultades administrativas que atravesa o ente provincial ralentizarán o proceso, indicou a alcaldesa da localidade, Regina Polín.

O proceso iniciarase o antes posible xa que o Concello desexa ter cubertas as dúas prazas das que dispón o antes posible, xa que agora mesmo só hai unha persoa ocupando o labor de policía local.