Deu comezo no IES Terra Chá o programa Titorías entre iguais

O IES da Terra Chá, de Castro Ribeiras de Lea, rdeu comezo o seu programa Titorías entre iguais (TEI), do que é autor Andrés González Bellido. Esta iniciativa está dirixida á mellora da convivencia nos centros educativos, a institucionalizar o bo trato como norma imprescindible da boa convivencia, e por extensión de prevención do acoso escolar.

O alumnado de 3º de ESO exerce de titor/a emocional do alumnado de 1º de ESO. O respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos do seu desenvolvemento.

A formación do alumnado estenderase ao longo de todo o curso pero o nombramento de titores xa foi realizado. Estas son as imaxes da xornada

Etiquetas