Gran actuación do club de Atletismo de Friol

Casi 20 atletas das categorías inferiores do Atletismo Friol estiveron presentes en A Pobra do Caramiñal ca disputa do Campeonato Galego Escolar, onde o club Atletismo de Friol obtivo un total de dous pódiums.

A medalla de ouro viña de novo a cargo do equipo cadete femenino, que por tercer ano consecutivo alzábase con este preciado título. Noelia Sánchez, Nerea Lage, Lucía Varela e Andrea Fariñas volvían ao máis alto do pódium. Pola súa parte, Noelia Sánchez volvía a subir o pódium, esta vez no tecer escalafón do mesmo.

Polo que respecta o equipo alevín masculino, este acadaba a sexta posición. O equipo estaba formado por Mateo Aguiar, Ramón Loureiro, Marcos Varela, Mateo Villar, Abel Fagil e Iván Neira. Tamén tiñamos presencia co equipo cadete masculino, que se facía ca séptima posición, un equipo integrado por Noel Villarábide, Samuel Castedo, Alejandro Fernández e Abelardo Fernández.

CAMPIONATO GALEGO EN RUTA

Boa actuación dos nosos atletas no Campeonato Galego de marcha en ruta, disputado na localidade de Cangas de Morrazo, e onde a delegación do club lograba un total de 2 podiums e unha actuación conxunta moi meriotoria.

Así, Nerea Lage lograba a medalla de plata na categoría sub 16, mentras a súa compañeira de equipo Vanesa Blanco conquería a medalla de bronce na categoría sub 18.

Polo que respecta o resto da actuación do club, na categoría sub 14, Juan David López se quedaba cerca do pódium, e firmaba o cuarto posto, mentras que na Lucas Castiñeira era quinto entre os sub 16. Mara Montes era sexta na categoría sub 12, o mesmo posto que Eva Freire nos sub 18 e Marcos Burgo tamén na mesma categoría. Noa Mouriz erá séptima nos sub 12, Uxía Platero tamén era séptima nos sub 10 e Miguel Ángel Sánchez facía o propio na categoría sub 18. Mario Campo finalizaba no octavo posto entre os sub 14 e Xoel Castiñeira era undécimo na mesma categoría. Leyre Santos tiña que abandonar por problemas físicos.

LANZAMENTOS LONGOS

O pasado sábado 17 de xaneiro disputouse en Lugo o Campionato Galego de lanzamentos longos para as categorías sub 16 e sub 18, e onde tomaban parte Paula Piñón e Jorge Santos, que tiveron un excelente protagonismo, xa que lograban un total de 3 podiums.

Así, Paula Piñón lograba a medalla de ouro no lanzamento de disco, cun mellor tiro de 31.35 metros, mentras que na proba do lanzamento de xabalina, Paula se alzaba co tercer escalafón do pódium, o facer unha marca de 36 metros.

Pola súa parte, Jorge Santos se facía ca medalla de plata na proba do lanzamento de xabalina, logrando un rexistro de 37.85 metros.

Etiquetas