Reabre a aula Cemit de Guitiriz cun curso de Competencias Clave Nivel 2

Tras o cambio de adxudicatario realizado nos últimos tempos, a Aula Cemit, tamén coñecida como Telecentro, de Gutiriz reabriu as súas portas. A primeira oferta que realizan é un curso de Competencias Clave Nivel 2, unha actividade de formación co fin de preparar as probas de competencias que terán lugar durante o ano 2018.

A actividade vai dirixida a todas as persoas que non posúan o Graduado en ESO e desexen acceder a un Certificado de Profesionalidade de nivel 2.

O HORARIO  no que se vai impartir esta actividade será todos os mércores de 20:00 a 22:00 na aula Cemit a partir do 7 de marzo.

As persoas interesadas poderán anotarse na aula Cemit no seu horario 16:00 a 20:00 ou ben na dirección de correo electrónico aulacemitguitiriz@gmail.com.

A Aula CeMIT de Guitiriz, situada detrás da Casa Habanera é un servizo que se ofrece á cidadanía para que poida acceder libremente ás oportunidades que brindan os novos sistemas de información e comunicación. O centro permite o uso e disfrute das súas instalacións de xeito gratuíto con obxectivo de se converter nun centro de estudo, traballo e lecer.

No horario de aula aberta pódese acudir para realizar traballos escolares, navegar por Internet, abrir unha conta de correo electrónico ou das diferentes redes 2.0, xestionar o correo electrónico, consultar ofertas de emprego na Web, consultar boletíns oficiais, etc.

A maiores, a aula deseñará unha serie de accións formativas dirixidas á cidadanía co fin de lograr a súa alfabetización e capacitación dixital.

A Aula están destinada a todos os habitantes do Concello de Guitiriz, así como das localidades veciñas, que estean interesados no mundo da informática e as novas tecnoloxías.

O centro conta con 20 ordenadores con Linux en rede, impresora, televisión, proxector e sistema de viodeoconferencia.

Etiquetas