A festa da Bola de Liscos e das Freces da Pastoriza será o día 22 de abril

A comisión organizadora da Festa da Bola de Liscos e das Freces da Pastoriza indicou que a celebración deste ano terá lugar finalmente o día 22 de abril.

Esta cita coa gastronomía da zona chega este ano á súa décima edición e dende a organización avanzan que os actos comezarán xa o sábado 21 de abril. Polo de pronto xa se sabe que haberá ademais da degustación destas dúas especialidades unha carpa dedicada á stands de artesanía e gastronomía.

Etiquetas