O BNG de Guitiriz insta a paralizar a privatización do servizo de axuda no fogar

O BNG do Concello de Guitiriz oponse á privatización do servizo de axuda no fogar. Segundo indican, o día 1 de marzo o goberno do PSOE de Guitiriz pretende aprobar en Pleno o expediente de contratación de unha empresa privada para xestionar os servizos de axuda o fogar o longo dos próximos catro anos.“Dende o BNG estamos en contra desta privatización do SAF dende o primeiro día e queremos facer un chamamento a goberno municipal e ó resto de grupos da oposición a paralizar definitivamente a privatización e á homologación das condicións de traballo das traballadoras do SAF co resto de traballadoras do sector”, declara Xosé Lois González Souto.

A privatización impulsada dende o PSOE é unha mala decisión que remataría supoñendo un empeoramento do servizo e un aumento do gasto inxustificábel, ademais de empeorar a calidade do emprego”, relata Pereira que advirte que o recente acordo entro o Ministro de Facenda e a FEMP, deixa sen escusas ó goberno municipal á hora de afrontar a privatización. “O feito de poder acceder a recursos paralizados até o de agora, axudaría a solventar a situación de bloqueo do servizo. Iso sí, dende o Goberno débese mellorar a gobernanza e a xestión do servizo para que sexa viábel asegura Pereira.

Dende o BNG apostan por un servizo público na súa totalidade e de xestión directa por parte do Concello, mais iso sí, incorporando melloras laborais que equiparen ás traballadoras do SAF de Guitiriz coas do resto do sector. É infumable que as traballadoras do Concello cobren en torno a 25% menos ca unha empregada privada e ademais teñan que asumir os gastos de desprazamento entre os diferentes servizos, ou que teñan problemas en temas básicos coma xornada ou vacacións debido á mala planificación e xestión do Concello” dí Pereira quen instará a que no Pleno deste xoves 1 de Marzo “se paralice a privatización definitivamente e se chegue ó compromiso de normalizar o servizo empezando pola homologación das condicións laborais

Etiquetas