A Moexmu contará cun xuíz internacional

O xuíz asignado este ano pola Conafe para a XXXII edición do Concurso de Gando Frisón da MOEXMU é José Manuel Paz Conde, de Setién (Cantabria). Este especialistas xa participou en edicións anteriores dos anos 2006 e 2010.

José Manuel Paz Conde é responsable de Granxa La Marina de Retortillo, en Rioturbio (Comillas, Cantabria), que conta cunsistema de estabulación libre con cubículos de arena. Actualmente ten 50 vacas en ordeño, 12 delas en boxes, ademias dunha finca de 30 hectáreas dedicadas a pradeira e millo. A media de cualificación é de 86,5 puntos, con 6 vacas cualificadas EX, 30 MB e 5 BB. A media de producción, a 305 días, está arredor dos 11.000 kg. de leite ao 3,90% de graxa e 3,40% de proteína.

No ano 1998 José Manuel comezou a xuzgar certames de ámbito rexionar e comarcal e dende entón ten participado en concursos por toda España, destacando a do XXV Concurso Rexional de Asturias en 2003, o IX Concurso Nacional de Primavera (Mollerusa, 2006), o XXXI Concurso Nacional de Outono (Xixón 2010) e o Concurso Catalán FEFRIC 2015 (La Seu d’Urguell).

Xuzgou tamén o Concurso Micaelense (Portugal, 2002) e o de Piacenza (Italia, 2003), ademais do concurso Ponte de Lima-Alto Miño (Portugal 2013). En 2004 foi designado xuíz representante de CONAFE, integrante do equipo internacional de xuices para a sección de grupos por países, na Confrontación Europea celebrada en Bruselas.

Etiquetas