Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PSOE de Vilalba critica ao goberno local por non presentar aínda os orzamentos

Por 1 Marzo, 2018Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista censura unha vez máis a xestión do goberno municipal de Vilalba ao non ter presentado os orzamentos para este ano 2018. As súas críticas responden á capacidade que ten o goberno dos populares, coa maioría absoluta, de sacar adiante uns presupostos que ano tras ano se retrasan máis, deixando en evidencia o traballo do equipo de goberno.

En palabras da voceira dos socialistas no consistorio, Elba Veleiro, “xa non sabemos cal vai ser a desculpa deste ano, pero o que está claro é que non se concibe que un goberno con maioría absoluta teña os orzamentos sen presentar a estas alturas, pois seguimos coa prórroga dos do ano pasado, co que iso significa para acometer novas inversións, tan necesarias para o noso concello”.

Deste xeito o PSOE de Vilalba sinala directamente aos responsables da “parálise da acción de goberno por non ter activado a ferramenta máis importante para o seu correcto funcionamento”, ademais cuestionar o labor das e dos representantes políticos do goberno vilalbés, sen iniciativas, votando sistematicamente en contra das propostas da oposición, e limitándose a retroalimentarse coas políticas de cara á galería e de nulo compromiso coas veciñas e veciños.