Os pequenos vilalbeses, segundos na xornada Norte de loita

O equipo do Club de Loita Vilalba composto polas escolas deportivas de Vilalba e Xermade vén de acadar  segundo posto da Xornada Norte de Deporte Escolar de Loitas Olímpicas correspondente ao programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, que se celebrou na Casa do Deporte de Lugo.

O Vilalba foi o mellor equipo clasificado da provincia con 82 puntos mentras que a escola de Lugo acadou o sexto posto con 34. O primeiro clasificado foi o Keltoi de Vila de Cruces con 110 puntos e, xunto co Vilalba e o Ayude de Melide (terceiro), clasificáronse para a final A da Liga de Deporte Escolar, que terá lugar o próximo 19 de maio en Vila de Cruces (Pontevedra). Na final A participarán as 6 escolas galegas que máis puntos acadasen nas fases territoriais podendo clasificarse así para o Campionato de España de Escolas Deportivas.

O equipo vilalbés acudiu cunha pequena representación das súas escolas composto por 14 deportistas e estivo dirixido por Jose Luís Puentes como técnico das categorías base e o apoio de Ramón Monasterio. Os deportistas participantes foron:

    1. Lois Currás Penas.
    2. Xoel Codesal Díaz.
    3. Lucas Fernández Prado.
    4. Noa Hormeño Carballeira (Xermade).
    5. Mateo Cupeiro López.
    6. Alonso Maceira Vilasuso.
    7. Héctor Somoza García.
    8. Andrés Maceira Vilasuso.
    9. Uxía Gómez Ares (Xermade).
    10. Kevin Cuba Goás.
    11. Ainara Canceiro Cabaleiro (Xermade).
    12. Laura Paz Feal (Xermade).
    13. Nicolás González Díaz.
    14. Xiao Seoane Vázquez.

Etiquetas